Saturday 18 de May de 2024

Touro conta cun intenso programa para celebrar durante a próxima semana o Día das Letras Galegas


O Concello de Touro deseño un intenso programa para celebrar durante a próxima semana o Día das Letras Galegas 2018, que este año homenaxea á escritora galega María Victoria Moreno. A primeira cita será o próximo mércores, 16 de maio ás 16.30 na Casa da Cultura do Concello de Touro. Trátase de ‘Contos vivos que fan poesía’, un conto interactivo en familia, obra de Antonio García Teijeiro. Está aberto a asistentes de todas as idades. Colabora a Deputación da Coruña e Anacos socieducativos.

Xa o venres día 18 de maio están programados no Concello de Touro ‘Mulleres que contan; María Victoria Moreno e outras’. Serán microrrelatos de mulleres e tamén un gran xogo sobre ‘Quen é quen’. Será no CPI Fonte Díaz de Touro. E asistirán nenos e nenas do Colexio.

E o peche da semana adicada en Touro ás Letras Galegas chegará o sábado día 19 de maio ás 19.30 horas na Casa da Cultura de Touro. Será o Concerto das Letras Galegas 2018 da Banda de Música Isabel II de Touro. Xa é unha cita tradicional que combina música e literatura. A Banda intepretará un repertorio escollido para esta ocasión de celebración do Día das Letras Galegas 2018.